Ocio e tempo libre

O servizo de lecer e tempo libre ten como finalidade que o noso grupo poida gozar do seu tempo de lecer da forma máis autónoma posible, tratando de normalizar estas actividades e facilitando a súa inclusión social. O desfrute do lecer e do tempo libre é fundamental para o desenvolvemento persoal (fomenta as relacións sociais, forma parte da nosa identidade persoal, proporciona benestar físico e emocional…) redundando, sen dúbida, na nosa calidade de vida.

Anualmente desenvólvense programas vacacionais, culturais e recreativos.

Deportes

Realízanse adestramentos regulados de baloncesto, fútbol (Liga Genuina), atletismo, tenis de mesa e natación. Tamén hai actividades de baile tradicional para os nosos usuarios. Durante a semana nos nosos centros desenvólvese un programa de motricidade para a asimilación e mellora da motricidade.
Os deportistas da nosa asociación tamén participan en competicións a nivel autonómico (organizadas por Special Olympics Galicia), nacionais, internacionais e mundiais (organizadas por Special Olympics España), en diferentes modalidades deportivas.
Outras actividades deportivas: esquí, vela, mergullo.

¿Queres colaborar?

Na nosa asociación colabora particulares e empresas. Ademáis de voluntarios que fan posible este proxecto.

¡Grazas a todos!

Skip to content