CENTRO RESIDENCIAL
Mª CONCEPCIÓN TEIJEIRO REVILLA
En funcionamento dende 1993, acollendo a PCDI/D que por circunstancias familiares e/ou persoais precisen un fogar diferente ao do seu núcleo familiar, sen desvincularse del cando existe.
O obxectivo do centro é o fomento da educación en valores como respeto, convivencia, igualdade, e o compañerismo; así como unha adecuada integración social para o benestar e o desenvolvemento persoal nun entorno o máis familiar posible, prestando un apoio continuo e individualizado.