A asociación

A Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo, Foi creada o 8 de xaneiro de 1966 por un grupo de pais co fin de cubrir as necesidades especiais dos seus fillos.
O obxectivo fundamental da asociación desde o momento da súa creación é:Integrar social, educativae laboralmente áspersoas con algún tipo de discapacidade intelectual.

Ao longo do tempo conseguíronse os diferentes obxectivos programados, consolidando, ampliando, perfeccionando e incorporando todos aqueles programas e servizos que teñan como misión tratar as persoas con discapacidade intelectual no seu conxunto emellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

ASPNAIS constituíuse como unha entidade privada sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia. Foi declarado de utilidade pública o 9 de setembro de 1996.

A misión de ASPNAIS é:

Contribuír, a partir do noso compromiso ético, con apoio e oportunidades, para que cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia poida desenvolver o seuproxecto de calidade de vida, así como promover a inclusión como cidadán/a con plenos dereitos nunha sociedade xusta e solidaria.

Política de Calidade

Estamos comprometidos cos requisitos legais e regulamentarios, así como coa esta norma de referencia e os requisitos do cliente. O noso compromiso esténdese a mellora continua da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante a mellora dos servizos asistenciais, programas personalizados e o fomento do traballo en equipo por parte de profesionais, directivos e familias, para acadar o obxectivo de integración.

¿Queres colaborar?

Na nosa asociación colabora particulares e empresas. Ademáis de voluntarios que fan posible este proxecto.

¡Grazas a todos!

Skip to content