
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, inaugurou oficialmente este venres a nova residencia para persoas con discapacidade intelectual promovida por Aspnais no antigo hospital provincial San José de Lugo, tras un investimento de 3 millóns de euros para adaptar as antigas instalacións sanitarias ao seu novo uso.
De feito, este centro residencial de Aspnais -que ten preto de cincuenta traballadores e atende a máis de 150 persoas- comezou a funcionar hai dous anos, pero a apertura oficial das instalacións tivo que aprazarse como consecuencia da pandemia.