Se en Lugo se menciona Aspnais, fálase de algo coñecido, admirado, respectado, querido. Porque esta entidade, ao longo de medio século, ten gañado o aprecio de todos os lucenses polo seu traballo, pola súa dedicación, polos logros conseguidos por tanta xente, durante tanto tempo, en beneficio dos que na nosa sociedade merecen máis atención e agarimo.
Aspnais é un milagre no que os “nenos” e “nenas” –esa especial nenez que dura toda a vida– atopan unha segunda casa tan acolledora como a primeira, chegando a ser, en ocasións, a súa única casa cando os familiares directos xa non existen.
¿Quieres colaborar?
En nuestra asociación colaboran particulares y empresas. Además de voluntarios que hacen que este proyecto sea posible.
¡Gracias a todos!